VIDEO RESUMO 2023 / After movie 2023


ASÍ FOI A EDICIÓN 2023! ESTES SON OS MURAIS RESULTANTES! 

Rematou o Rexenera 2023 e xa podemos amosarvos os resultados do festival!! Para máis info e imaxes ir á sección MURAIS 2023


VOLTAMOS COA 9ª EDICIÓN DO REXENERA! DO 1 AO 11 DE XUÑO 2023! 

A novena edición do Rexenera Fest terá lugar do 1 ao 11 de xunio de 2023: seis muralistas deixarán candansúa obra para este crecente museo ao aire libre. 

 

Nesta edición os artistas e as artistas convidadas serán:

 

🎨 MAZ, dende Galiza.

🎨 SUSANA BLASCO, dende Zaragoza.

🎨 ALEGRÍA DEL PRADO, dende México e España.

🎨 ALBERTO MONTES, dende Sevillla.

🎨 ELE ZISSOU, dende Salamanca.

 

 

E como no Rexenera Fest ti sempre formas parte, traémosvos as seguintes actividades, onde vos esperamos! 

 

📍 Rutas guiadas

 

🌈 Xogos en familia

 

🍸 CONCERTOS de:

     DIOS KE TE CREW FAMILIA CAAMAGNO

 

👁 Estade atentxs! Pronto máis información!

 

 

Saúde e cor! ✨