OBRADOIRO con TALLER TRUENO / Introdución á serigrafía.
Data: sábado 1 de xuño / Horarios: de 17:00 a 19:30 h. / Lugar: Ludoteca de Carballo
PRAZAS ESGOTADAS
Alba Vázquez é psicopedagoga e xestora cultural. Desde hai máis de dez anos realiza obradoiros creativos para diferentes públicos e entidades. Apaixonada da arte e da obra gráfica descobre a serigrafía, entre outras técnicas de gravado, e comeza a experimentar con ela. O carácter democratizador da técnica é o eixe dos seus proxectos.
Kike Muñoz (Madrid, 1989) cursou tres anos de Gravado e Deseño Gráfico na Real Casa da Moeda. Esta experiencia levouno a embarcarse na cocreación dun espazo de artes gráficas aplicadas á reprodución en serie con diferentes técnicas (serigrafía, gravado calcográfico, fotografía analóxica…) mentres o compaxinaba coa súa outra paixón, a tatuaxe, á que se dedica profesionalmente na actualidade.
Xuntos, Alba e Kike forman Taller Trueno, que desenvolve obradoiros arredor da técnica da serigrafía cun marcado carácter “faino ti mesmo"
Sobre o obradoiro:
Neste obradoiro coñeceremos o proceso da serigrafía de principio a fin. Dende a elaboración manual do fotolito no que crearemos o noso propio deseño, a preparación das pantallas serigráficas emulsionadas, o insolado e a propia estampación sobre diferentes soportes. Traballaremos nun formato 15x20* o que nos permitirá crear deseños para pecheras, parches, pattern ou pequenas estampas e posibilitaranos que cada participante poda levarse a súa propia pantalla para seguir estampando o seu deseño aló onde guste. Os soportes sobre os que estampar están incluidos no obradoiro, pero se alguén quere traer a súa cami, bolsa ou papel son benvidos! (Recoméndanse tons claro, xa que empregaranse tintas ecolóxicas base auga).
+ INFO sobre TALLER TRUENO: