TAMARA ALVES

TAMARA ALVES (Portugal)

 

đŸ· “TĂ­tulo: Nasci quando as plantas nascem”

📍 Avenida das Flores, 65  >> MAPA

 

Inspirada nas palabras da poetisa galega RosalĂ­a de Castro, o Ășltimo mural de Tamara Alves representa a esencia delicada e poderosa da vida e da resiliencia. Unha muller suxeita unha flor en chamas coa boca, simbolizando a beleza feroz e a forza que florece incluso ante a adversidade.

A través da pincelada solta e a presencia predominante da mancha, Tamara consegue realizar unha imaxe atmosférica, dotando a figura dunha poderosa melancolía.

 

 

+ info sobre Tamara Alves:

https://tamaraalves.com/

 

 

TAMARA ALVES

TAMARA ALVES (Portugal)

 

Tamara Alves Ă© unha artista portuguesa, residente en Lisboa. Licenciada en Artes PlĂĄsticas e cun mestrado en PrĂĄticas ArtĂ­sticas ContemporĂĄneas. Fascinada pola estĂ©tica da rĂșa e os contextos urbanos, presĂ©ntanos o seu traballo cunha clara preferencia polos espazos pĂșblicos, construĂ­ndo unha narrativa que celebra de forma crĂșa e poĂ©tica a vitalidade das sensaciĂłns fortes e o devir animal por oposiciĂłn ĂĄ deliberaciĂłn racional.

 

Tamara focaliza moitas das sĂșas obras na idea de que os nosos instintos son aquilo que nos define, invocando un universo de figuras humanas e animais en interaciĂłn coa paisaxe natural e con obxectos imbuĂ­dos dunha forte carga simbĂłlica.

Un universo onde o amor, sempre o amor (que é ferida, dor, bågoas, måis tamén pracer, regozixo e éxtase) pode ser froito dun impacto, un acidente crecendo dentro de nós como unha flor silvestre.

 

Tamara estarå pintando na Av. das Flores, 65 >> MAPA

 

+ info sobre Tamara Alves:

https://tamaraalves.com/

 

 


+ imaxes: