Arxentina
Animalitoland é o universo visual de Graciela Gonçalves Da Silva, artista arxentina de procedencia portuguesa e afincada actualmente en Madrid. Un mundo de máxicas criaturas que se alimentan de sentimentos e que adoptan múltiples formas e cores, convidándonos a saltar dentro da imaxe e escoitar como o noso eu oculto nos murmura unha pequena canción.
En palabras da artista: “Vivimos acosados por unha escuridade que lentamente fainos adormecer. Penso que o maxín e a sensibilidade son ferramentas esquecidas que precisan máis adestramento. Conectarse con estraños de todas as orixes e culturas fíxome cavilar nesta linguaxe universal que todos coñecemos instintivamente mais que non necesariamente falamos todos os días”.
A obra que deixou na Rúa Rio Anllóns fala dos encontros, das vivencias que podemos ter con outras persoas e como nos marcan deixando impregnados recordos e marcándonos dalgún xeito.
Sendo fiel ao seu estilo cercano á ilustración infantil e ao mundo da animación, móstranos dúas figuras que parecen case mimetizarse, dúas figuras de mundos moi diferentes pero que pouco parece importar á hora de compartir vivencias. A obra destaca pola súa cor, especialmente pola gran saturación empregada, o que fai que teña un gran impacto visual sobre o espectador.
O mural de Animalitoland está nun dos edificios da rúa Río Anllóns.
>>Ver ubicación>>Link Street view:
Máis info:
ANIMALITOLAND / REXENERA FEST 2017
TRABALLOS ANTERIORES: