Cinta Vidal

Catalunya

CINTA VIDAL: "Costa da Morte"

 

«Compartimos espazos pero vivímolos de forma diferente»

 

Cinta Vidal fórmase na Escola de Massana de Barcelona e a idade moi temperá comeza a traballar no Taller de Escenografía Castells, un dos máis prestixiosos no seu eido, onde co paso dos anos adquire a súa pincelada precisa e o gusto polo detalle.

Na súa serie de traballos persiste na representación dunha inconexión co mundo que nos rodea e esta realidade paralela reflíctese suprimindo a dimensión gravitatoria. A súa obra é unha reflexión sobre a orde e desorde dos elementos, dos mundos, dos obxectos e das ideas. Historias que conviven sen chegar a cruzarse.

 

«É un desafío a entender este equilibrio desequilibrante»

 

Nesta ocasión Cinta agasallounos cun mural deseñado exproceso pra Carballo e que leva por título “Costa da Morte”,  no que se fusionou literalmente con esta parede e no que retrata certos rasgos predominantes da arquitectura propia de Carballo como as casas con galerías, casas con cubertas de tella e os peculiares horreos da comarca, que fan referencia directa a algunhas construccións da propia vila. 

En consonancia con todo o seu traballo anterior utiliza a arquitectura como elemento narrrativo crucial da obra pero introduce elementos menos usados na súa traxectoria como montañas e acantilados, que volteados e faltos de gravidade adquiren unha expresividade e un vértigo especial. 

 

 

O mural de Cinta Vidal está na rúa Vázquez Parga, Carballo. >> Ver ubicación >> Link Street view:

 

 

Máis info:

http://cintavidal.com

 

Fotos por: A.L.Crego

TRABALLOS ANTERIORES:

TRABALLOS ANTERIORES: