Isaac Cordal

Galiza

ISAAC CORDAL: “Os Veciños”

Co aparentemente simple acto da miniaturización e un emprazamento estudiado e suxestivo, Isaac Cordal amplía maxicamente a imaxinación dos peóns que se atopan coas súas esculturas pola rúa. A serie titulada Eclipses de Cemento é unha definición crítica do noso comportamento como masa social.  A través desta serie de  traballos pretende focalizar a nosa atención sobre a desvalorizada relación coa natureza a través dunha mirada crítica e sarcástica que apunta aos efectos colaterais da nosa evolución como especie. 

 

As súas esculturas, que normalmente non superan os 25 cm, colócanse en lugares específicos que abren rapidamente portas a outros mundos, como xa fixera nos 70 o estadounidense Charles Simonds por medio das súas Dwellings (Moradas), pequenos vestixios de falsas civilizacións en miniatura integradas na arquitectura dos edificios a pe de rúa. 

 

A obra de Cordal contrasta coa magnificiencia do gran mural e dende a miniaturización conmóvenos e transmítenos a soidade do individuo sumerxido no entorno urban e a capacidade dos grandes núcleos de poboación pra devorar a diferenza, para homoxeneizar costumes e ritos e para alimentar a ruina lenta do desarraigo. Ainda que nos doa, e por desgraza, tódalas grandes urbes se asemellan e o singular e o autóctono quedan relegados ao pequeno…

 

Nesta ocasión Cordal rachou coa súa serie de miniaturizacións xerada con Cement Eclipses e creou pra o festival outra serie de tres personaxes a unha escala maior, case humana. Que estratéxicamente emprazados nuns balcóns sen portas nin fiestras, aparecen no seo da cidade como ánimas en pena, sumerxidas no aillamento do edificio e da urbe, e aturando estoicamente o peso da deshumanización existencial do urban. 

 

Así a instalación que deixa pra o RexeneraFest 2017 titulada “Os veciños”, realizada en tempo record insitu e exproceso durante os días do festival a base de porespan, resinas, e outros materiais, contáxianos esta chea de sentimentos ao redor do espazo en común, da cidade contemporánea e da alienación á que estamos suxeitos como colectividade. 

 

A instalación de Isaac Cordal atópase dividida en dúas partes, unha na rúa Doutor Fleming e outra no Rego da Balsa. 

>> Ver ubicación >> Link Street view:

 

Máis info:

http://cementeclipses.com

https://www.facebook.com/Isaac-Cordal-181802088555431/?pnref=lhc

 

ISAAC CORDAL: “Os Veciños”

TRABALLOS ANTERIORES: