Nada ( Iria Fafián )

Galiza

Iria Fafián é ilustradora; Nada é muralista e hai pouco tamén apareceu Tirria. En realidade son diversas facetas da mesma persoa que dan lugar a resultados gráficos bastante diferentes. No campo da ilustración e do debuxo traballa desde un punto máis intimista, e no muralismo explora un mundo de personaxes bizarros e algo demoníacos, coma se fosen deidades ocultas na vexetación do inconsciente. 

Iria bebe da ilustración e do graffiti cunha marcada personalidade que fai agromar personaxes e mundos oníricos.

 

Nesta ocasión a artista galega creou unha imaxe chea de misterio na que observamos unha escea onde a personaxe principal está a punto de adentrarse nunha fraga frondosa e inhóspita, a piques de comezar unha aventura. Atrás, nun claro, deixa unha mochila. 

O conxunto da obra fala sobre a procura do incerto e deixar atrás a zona de confort, a rutina, para emprender unha procura de novas experiencias e de posibilidades nun futuro incerto.

En canto ao estilo e técnica utiliza unha linguaxe que bebe directamente da ilustración comtemporánea e da estampa xaponesa, sen esquecer completamente as súas raices no mundo graffiti.

 

O mural de Nada está emprazado nun dos edificios do Forum de Carballo, na rúa Pza. dos Bombeiros s/n

 

Máis info:

http://iriafafian.tumblr.com

NADA ( IRIA FAFIÁN)

TRABALLOS ANTERIORES: