Galiza
Artista multidisciplinar a cabalo entre o debuxo, a pintura, o deseño gráfico e o muralismo. A súa permanente curiosidade empúrrao a explorar diversos medios pictóricos, o que dá como resultado unha obsesión polo coidado do detalle e o perfeccionamento da técnica, saltando dun medio a outro e creando un discurso que bebe a partes iguais da nostalxia, o absurdo, o cotiá e a súa propia intimidade vital e creativa.
Seguindo a estela conceptual dalgúns traballos anteriores en formato mural, Sekone compuxo pra o rexenera fest unha imaxe cun impacto visual extraordinario e innegable, situada nunha das vías principais da vila. Unha imaxe graficamente directa pero conceptualmente aberta á interpretación do espectador e que simboliza varias reflexións simultaneamente.
Por unha banda fai referencia á continua viaxe persoal e artística entre o erro e a frustración, un camiño intrínseco ao ser humano e ineludible que nos fai millorar como persoas e medrar como creadores tanto na técnica coma no discurso narrativo. E por outra banda, albíscase outra lectura que sinala á tópica dicotomía entre graffiti vandálico e muralismo contemporáneo, dúas caras dunha mesma moeda que se cabe ten máis lados e aristas das que nos parece a primeira vista…
O mural de Sekone está na rúa Avenida de Fisterra, Carballo >> Ver ubicación / Link Street view
Máis info:
Fotos por: A.L.Crego
SEKONE - REXENERA FEST 2017
TRABALLOS ANTERIORES: