Milu Correch

Arxentina

Fotos: Mutante Creativo

Versión galego:

 

MILU CORRECH

"Conxuro para unha estabilidade"

 

 

Seguindo a serie de traballos murais que Milu está a desenrolar nos ultimos tempos nos que xoga coa idea do conxuro e coa representación da muller como meiga ou menciñeira pra achar solucións ou curacións propias para as problemáticas de xénero contemporáneas, neste caso Milu, amósanos a dúas mulleres empoderadas realizando un novo feitizo para acadar a estabilidade desexada. 

 

O uso da figura da muller como meiga ou bruxa, portadora dun coñecemento máis profundo e polo tanto temida socialmente, e o feito de despoxala de todo matiz negativo ao que estamos acostumados historicamente, é unha declaración de intencións e un alegato feminista para a reivindicación da muller como responsable das loitas que ten que asumir e emprender no día a día. 

 

Un traballo impecable, minucioso e certeiro, preciso na pincelada e no xogo de luces e sombras, cunha paleta de cores desaturadas que segue a estela da serie de conxuros anteriores e que nos sitúa en ambientes semiabandoados nos que agroman necesariamente novos movimentos de resistencia. 

 

O mural de Milu Correch está na rúa Vila de Laxe, Carballo. >> Ver ubicación >> Link Street view:

 

Máis info:

https://www.milucorrech.com

 

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Versión castellano:

 

MILU CORRECH

“Conjuro para una estabilidad”

 

Siguiendo la serie de trabajos murales que Milu esta desarrollando ultimamente, en los que juega con la idea de conjuro y con la representación de la mujer como bruja o curandera para hallar soluciones o curas propias para las problemáticas de género contemporáneas, en este caso Milu nos muestra a dos mujeres empoderadas realizando un nuevo hechizo para alcanzar la estabilidad deseada.

 

El uso de la figura de la mujer como bruja, portadora de un conocimiento más profundo y por lo tanto temida socialmente, y el hecho de despojarla de todo matiz negativo al que estamos acostumbrados historicamente, es una declaración de intenciones y un alegato feminista para la reivindicación de la mujer como responsable de las luchas que tiene que asumir y emprender en el día a día.

 

Un trabajo impecable, minucioso y certero, preciso en la pincelada y el juego de luces y sombras, con una paleta de colores desaturados que sigue la estela de la serie de conjuros anteriores y que nos sitúa en ambientes semiabandonados en los afloran necesariamente nuevos movimientos de resistencia.  

 

El mural de Milu Correch está la calle Vila de Laxe, Carballo. >> Ver ubicación >> Link Street view:

 

Más info:

https://www.milucorrech.com

 

MÁIS IMAXES:

Fotos: Mutante Creativo


Máis info  MILU CORRECH:

 

Naceu, vive e según ela probablemente morrerá en Bos Aires, Arxentina. Sempre garabateou máis alá das súas actividades principais e fai uns anos aprendeu a pasar pequenas imaxes a metros cadrados. Os muros fóronse agrandando e sumando, o que lle permitiu viaxar con brocha e rolo en man. Manchou paredes na súa cidade natal, outras cidades arxentinas e outras tantas doutro lado do océano. Agora segue pintando tratando de mellorar muro a muro, pincelada a pincelada. Propón ideas para pensar no lugar da arte e da artista fronte a un modelo capitalista hexemónico que converte a arte en decoración, que absorbe o artista ou pon fronte ao ser ou non ser do mecanismo de exhibición. 

 

Máis info:

https://www.milucorrech.com


TRABALLOS ANTERIORES: