AMAIA ARRÁZOLA

AMAIA ARRÁZOLA (Euskadi/Cataluña)

 

🐎 “A Diosa Epona no inframundo” 

📍 Rúa Vila de Coristanco, 12 >> MAPA

 

Epona é a deusa celta dos cabalos, a fertilidade e a natureza. Tamén da auga, a curación e a morte. Houbo un tempo no que o cabalo tiña tanta importancia que se cría que cando un morría, eran eles os encargados de levarte ao outro lado.

“A Diosa Epona no inframundo” busca ser un recordatorio da fraxilidade dos nosos corpos, un apunte sobre a nosa propia vulnerabilidade e unha celebración de cada segundo da nosa vida, do noso día a día 🌞

Arrazola define o seu estilo como o que tes almacenado na túa cabeza e o que a túa man pode permitirche facer. Interésalle a síntese, as formas sinxelas e as cores planas... Buscando sempre contar historias a base da máxima expresión narrativa cos menos recursos posibles. Menos é máis.

 

 

+ INFO:

https://amaiaarrazola.com/

 

AMAIA ARRÁZOLA (Euskadi/Cataluña)

 

Amaia Arrazola estudiou Publicidade e Relacións Públicas na Complutense de Madrid e durante un tempo traballou como directora de arte no sector publicitario. En 2010 trasladouse a Barcelona, pouco a pouco foi asentándose e desenvolvendo os seus proxectos creativos, alternando a ilustración publicitaria co debuxo editorial e os traballos murais de gran formato. 

 

Cun estilo colorista e naif e unha liña contundente, as súas ilustracións adquiren unha personalidade propia e moi recoñecible tanto na apariencia como na narrativa.  Nos últimos anos ten colaborado con numerosos clientes,  participado en festivais de arte urbana con murais en lugares cercanos e lonxanos,  ten dado charlas e conferencias, e tamén publicado varios libros, entre eles Pequeña & Grande. Audrey Hepburn (Alba) e Cosas que nunca olvidarás de tu Erasmus (Lunwerg). 

En 2017 estivo en Matsudo (Xapón) grazas a unha beca artística de Paradise Air; e de aquela residencia naceu Wabi sabi (Lunwerg), no que narra as súas experiencias persoais no país nipón. Para Lunwerg tamén publicou El meteorito (2020) e Totoro y yo (2022).

 

Estará pintando na Rúa Vila de Coristanco, 12 >> MAPA

 

+ INFO:

https://amaiaarrazola.com/

 

+ imaxes: