STOM500

STOM500 (Francia)

 

🐈 “Ata agora todo vai ben!” 

📍 Rúa Baixa, 3 >> MAPA

 

Este mural é unha celebración da vida, un convite a saborear cada momento e atopar a beleza no mundo que nos rodea. A escea é unha homenaxe á idea do xogo e a despreocupación, ao tempo que lembra a fraxilidade do propio intre e do equilibrio no propio espazo-tempo. O título resalta este contraste entre a lixeireza do momento e a conciencia da precariedade que o acompaña, alentándonos a gozar de cada instante.

“Ata agora todo vai ben!” combina todo un festín de cores e matices, xogando coa luz de maneira maxistral e conseguindo rexenerar e infundir unha segunda, terceira, ou séptima vida a este muro do centro urbano carballés. A cerámica de Sargadelos, incluída como un dos elementos destacados do mural, actúa como guiño e referencia cultural á Galiza e ao carácter hospitalario do noso pobo.

As abellas, símbolo da vida en comunidade e leitmotiv no traballo do artista francés, pretende lembrar a idea de que todos temos un lugar na sociedade, independentemente da nosa condición, xénero ou relixión e funciona como a representación da inclusión e a cooperación.

 

 

+ info sobre Stom500:

https://www.stom500.com/

 

STOM500

STOM500 (Francia)

 

Natural dun pobo veciño á cidade suíza de Basilea, cultiva un universo delirante e humorístico, alimentado a varias bandas pola eufórica enerxía dos debuxos animados, a súa faceta como deseñador gráfico e ilustrador profesional, así como o seu extenso bagaxe no mundo do graffiti. Stom500 é, como él mesmo se define con retranca, unha auténtica “navalla suíza”.

 

Sprays, pinceis, rolos, esmalte, acrílico… Grandes murais ou pequenos lenzos: utiliza con predileción unha ampla variedade de soportes e estilos. Reflexando a miúdo temáticais animais, que baixo unha apariencia naif ou divertida, ocultan mensaxes relevantes,  frecuentemente humanistas ou ecoloxistas, como as súas abellas amoreadas ou os caóticos bestiarios inspirados nas fábulas de La Fontaine.

 

Estará pintando na Rúa Baixa, 3  >> MAPA

 

+ info sobre Stom500:

https://www.stom500.com/

 

+ imaxes: